martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 200 ingresados en UCI por COVID-19

Galicia baixa dos 200 ingresados en UCI por COVID-19

Por fin Galicia baixa dos 200 ingresados graves por COVID-19 nos seus hospitais logo de semanas por riba desa marca. Hai arestora 187 persoas en unidades de críticos contaxiadas de coronavirus. O pico da pandemia en Galicia estaba nos 254 en UCI.

Respiro importante nas UCI de Galicia de ingresados por COVID-19. Na última xornada sairón das unidades de críticos 18 persoas deixándoas ocupadas por 187 infectados de coronavirus.

Nos hospitais hai menos dun milleiro de ingresados. Son 924 as persoas hospitalizadas por coronavirus, 27 menos que o día anterior. Do total, 737 están en planta e 187 en UCI.

Na última xornada, o Sergas notificou 14 novos falecementos,  o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.138 persoas.

O decrecemento da curva de contaxios desta terceira vaga continúa constante. Hai 11.742 casos activos no país, 722 menos ca onte.

 

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.676 (-168)

Vigo: 1.826 (-109)

Santiago: 1.469 (-141)

Pontevedra: 1.539 (-95)

Ourense: 1.020 (-89)

Lugo: 1.086 (-43)

Ferrol: 1.126 (-77)

 

A positividade segue próxima ao 5 %. Das 7.128 probas PCR realizadas (+896), deron positivo 323 (+13), o que indica unha taxa de positividade do 4,53 %.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS