lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasLouriñaComeza a vacinación das traballadoras da Axuda no Fogar de Mos

Comeza a vacinación das traballadoras da Axuda no Fogar de Mos

Hoxe serán 30 as que reciban a vacina contra a COVID-19 e nos próximos dous días as 23 restantes.

A alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron que este mércores ás 14.00 horas comezaron as vacinacións contra a COVID-19 entre o persoal do SAF. Son un total de 53 persoas e hoxe recibirana 30 persoas, “para evitar poñerlla a todas á vez por si algunha experimenta algún tipo de reacción que o servizo non quede desprovisto de persoal”. Nos próximos dous días vacinarase ás 23 traballadoras restantes.
O persoal do SAF é un dos colectivos máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario activado pola Xunta de Galicia e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19.

Estas heroínas contan coa axuda dos voluntarios de protección civil, que as acompañan aos domicilios para facilitarlles a colocación dos EPIs e, á saída, para a pertinente desinfección e retirada dos mesmos

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron “a importancia fundamental deste colectivo de traballadoras que se volven imprescindibles en tempos como os actuais, xa que moitos dos usuarios do servizo son maiores enfermos que viven sos, e sen elas quedarían desatendidos. Ademais ao ser Mos un concello eminentemente rural, moitas familias elixen este servizo para garantir a atención aos seus maiores antes que un centro, por exemplo. De aí a importancia de que se vacinen, para que estean protexidas no seu posto de traballo e na súa vida cotiá e poidan levar a cabo o seu vital labor con seguridade e tranquilidade para elas e para os seus usuarios”, concluíron.
Por último rexedora local e edil de Política Social insistiron no “importante papel que xogan as traballadoras do SAF nos Servizos Sociais Municipais e no gran vínculo e coordinación que manteñen coas Traballadoras Sociais deste departamento, para garantir que maiores e familias usuarios estean perfectamente atendidos cada día”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES