viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasVal de MiñorDúas nenas de Nigrán entre as mellores debuxantes da Península

Dúas nenas de Nigrán entre as mellores debuxantes da Península

Luz Hermo e Lidia Fernández proclamáronse finalistas do concurso dixital de Aqualia no que ata o de agora participaron 250.000 estudantes de colexios de toda España e Portugal.

 O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega dos premios como finalistas nacionais do concurso de debuxo dixital infantil de Aqualia 2019 e 2020 a Luz Hermo Vallejo e Lidia Fernández González respectivamente, ambas do Colexio Estudio de Chandebrito.
As alumnas recibiron como premio un smartwatch. Este certame nacional de Aqualia é convocado cada ano co obxectivo de concienciar e educar aos máis pequenos sobre a importancia da auga e o traballo que hai detrás de abrir a billa e dispoñer de líquido de calidade.
Na edición 2020 a temática versaba sobre a axenda 2030 de desenvolvemento sostible acordada pola Asemblea de Nacións Unidas, facendo especial fincapé no ODS-6, “auga limpa e saneamento” e no 2019 sobre a investigación do ciclo da auga.
O concurso, no que ata o de agora participaron 250.000 alumnos, está dirixido a 3º e 4º de Primaria e enmárcase nas iniciativas que regularmente desenvolve Aqualia con colexios, institutos e centros universitarios para darlles a coñecer as fases do ciclo da auga e educar nun uso e consumo máis responsable deste recurso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS