lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasO CondadoCazado a 141 quilómetros/hora nun tramo limitado a 50

Cazado a 141 quilómetros/hora nun tramo limitado a 50

O radar da Garda Civil detectou ao vehículo que circulaba pola Nacional 120, a altura de Areas (Ponteareas), triplicando case a velocidade permitida.

A Garda Civil investiga por un delito contra a seguridade viaria a un condutor que circulaba a 141 quilómetros/hora nun tramo limitado a 50 quilómetros/hora. Foi o pasado sábado, cando o radar detectou un vehículo circulando á altura do quilómetro 648,500 da N-120 no lugar de Areas, no termo municipal de Ponteareas.
O turismo desviouse antes de pasar polo punto de notificación da infracción, polo que a patrulla trasladouse ao domicilio do titular do vehículo, recoñecendo este ser o condutor do vehículo no momento da infracción.
Segundo os axentes, este tipo de condutas constitúe un dos factores de risco que concorren nos accidentes en xeral, polo que son un grave problema para a seguridade viaria, non só para o responsable do mesmo senón para o resto de usuarios da vía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS