viernes, mayo 3, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoUnha residencia de maiores no barrio que explotou en Paramos

Unha residencia de maiores no barrio que explotou en Paramos

O centro relixioso Xuventude Unida en Marcha, localizado no barrio de A Torre de Paramos, en desuso desde a explosión pirotécnica que asolou a zona fai case tres anos, será reconvertido nunha residencia para persoas maiores.

O proxecto “Centro da Torre”, como así se chamará o xeriátrico, contará co apoio económico da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural. Tras a reforma do edificio singular, prexudicado pola deflagración do 23 de maio de 2018, o centro ofertará tanto servizo completo de aloxamento, coidado e actividades aos usuarios e usuarias, como acceso a coidados específicos e atención nun servizo de centro de día.

Ademais deste proxecto, a Asociación EuRural tamén apoiará outras dúas iniciativas no Baixo Miño. Para as tres investirá máis de 921.000 euros.

Xunto ao “Centro da Torre”, EuRural financiará outro proxecto similar en Tui: un centro de rehabilitación neurolóxica innovador e multidisciplinar que ofrecerá unha rehabilitación coordinada e focal para o tratamento de alteracións do sistema nervioso central e periférico na infancia e na idade adulta.

O terceiro proxecto localízase en Tomiño e consiste na ampliación da maquinaria nunha clínica veterinaria tras o traslado a un local maior e a implementación de novos servizos e tratamentos pioneiros no Baixo Miño, que ata o de agora non ofertaba por falta de espazo. Ampliarase a zona de hospitalización e internamento dos animais e porase en marcha un servizo de diagnose por imaxe e outro de oftalmoloxía.

O obxectivo da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural coa cofinanciación destes proxecto é transformar o rural e xerar postos de traballo. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES