sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaO equipo ciclista La Sal Cocinas Louriña presenta a nova tempada

O equipo ciclista La Sal Cocinas Louriña presenta a nova tempada

Naceu o pasado ano e conta con 110 licenzas e cinco equipos en categorías elite e sub 23.

O equipo La Sal Cocinas Louriña presentou a tempada 2021 nas inmediacións da fonte de San Bieito, no Porriño, xunto á escultura que honra a Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia do 2007. Este club, nacido en 2020, ten 110 licenzas e 5 equipos en categorías elite e sub 23; en xuvenís femininas; en BTT-XCO e na categoría máster (veteranos).

Juan José Álvarez:


O presidente do club, Juan José Álvarez destacou o acordo alcanzado co Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para incorporar ao equipo xuvenil feminino a cinco das mozas que se forman neste centro de alto rendemento. Entre elas a triatleta porriñesa, Carla Guisande e Elsa Pena. Mentres que Aida Valiño e Uxía Fernández liderarán o equipo de elite feminino. No equipo masculino, Iago Lorenzo, en sub 23 e Gustavo Rodríguez, en elite, serán os referentes esta tempada ás ordes de Jacobo Ucha.
Rafa Pérez, no nome de «La Sal Cocinas», principal patrocinador privado do equipo, explicou que a firma que representa «quixo asociarse cun proxecto deportivo que nos trouxo moitas alegrías no Porriño». De xeito especial, o representante da firma «La Sal Cocinas» referiuse «a aposta que fai este club polo ciclismo feminino, tanto en júnior como en elite e sub 23, sacando dous equipos, consolidando o ciclismo como actividade integradora» , dixo Rafa Pérez.

Rafa Pérez:


O Concello do Porriño é o principal patrocinador desta escuadra ciclista cunha axuda de 15.000 euros máis outras achegas na organización de probas ao longo da tempada. O concelleiro de Deportes, David Alonso subliña que «desde 1996 este Concello apoia o ciclismo en deporte de base e categorías inferiores con máis dun millón de euros que serviron para conseguir tantos ciclistas como o val da Louriña produciu».

David Alonso:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS