sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta alivia o comercio pero mantén pechada a hostalería

A Xunta alivia o comercio pero mantén pechada a hostalería

Con máis de 200 ingresados en UCI, unha positividade que rolda o 5% e a cepa británica presente, a Xunta mantén as restricións máximas en Galicia. Devólvelle o horario habitual aos comercios pero os centros comerciais pecharán as fins de semana. A hostalería seguirá pechada.

Alberto Núñez Feijoo:

Nin bares nin restaurantes poderán abrir aínda. Tampouco estarán permitidas as reunións de non conviventes. Limitar a interacción social é a ferramenta para conter a pandemia e por iso a Xunta decide continuar restrinxíndoa. Ao ser nos encontros nos domicilios con non conviventes e na hostalería onde quitamos a máscara, continuarán ambos estando prohibidos ata que a situación mellore máis.

Pode que dentro dunha semana reabra a hostalería, pero de momento non. O próximo luns o comité clínico volverá avaliar a situación epidemiolóxica en Galicia e se segue a tendencia á baixa, as «aperturas graduais» que anunciou Feijóo poderían incluír a bares e restaurantes.

Feijóo deixou entrever a posibilidade de volver permitir tamén as reunións de non conviventes dentro dunha semana, segundo como evolucionen os datos.

Seis aperturas graduais:

  • O estudantado univeristario retomará as clases presenciais o 1 de marzo.
  • O luns 22 de febreiro retómase a ensinanza musical, agás para instrumentos de vento e canto, polos riscos de contaxio.
  • A partir do mércores, o comercio recupera o seu horario, cunha ocupación do 50 %. Os centros comerciais seguirán pechados as fin de semanas.
  • Sobre o deporte, permítese a apertura de instalacións ao aire libre e reábrese a práctica deportiva federada.
  • As estacións de servizo atenderán os transportistas.
  • Permitirase a actividade cultural en bibliotecas, museos, salas de exposicións, cines e teatros ao 30 % de ocupación máxima.

Ademais, amplíase a frecuencia de visitas ás residencias de maiores xa vacinadas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS