sábado, diciembre 7, 2024
InicioO PaísPontevedraA Deputación aproba as axudas para os sectores afectados pola COVID

A Deputación aproba as axudas para os sectores afectados pola COVID

A Deputación de Pontevedra destina o 1% do seu orzamento a financiar axudas aos sectores afectados pola pandemia. Unhas axudas que xestionarán os concellos.

Así o aprobaron no pleno extraordinario, no que, cos votos a favor do PSDG-PSOE, BNG e PP,  destinaranse 1,64 millóns de euros a financiar axudas directas e finalistas. O deputado Carlos Font di que os concellos son  «os máis rápidos, áxiles e eficaces na relación coa súa veciñanza e os seus territorios». Font reprochou ao Partido Popular “que aínda non lle quede máis remedio que votar a favor, defenda “a sarta de falsidades” da Xunta e o “baile da yenka que fan coas cifras”. 

Saiu adiante tamén na sesión o suplemento de crédito necesario para achegar 1.640.000 euros aos concellos, que poderán solicitar en canto se publiquen. Para axilizar aínda máis o proceso a Deputación adiantará as contías que oscilarán entre os case 7.000 e os 110.000 euros, segundo o criterio obxectivo de poboación. Os concellos só terán que presentar a solicitude e recibirán o diñeiro sen agardar á xustificación. Amais, no caso de que algún concello decida complementar esta axuda con recursos do 20% da liña 1, tamén se adiantarán esas contías.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS