viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Audiencia da Coruña ratifica que o Pazo de Meirás é do...

A Audiencia da Coruña ratifica que o Pazo de Meirás é do Estado

O Pazo de Meirás é propiedade do Estado e non dos herdeiros do ditador Francisco Franco. Confirmouno a Audiencia da Coruña na súa sentenza tras un recurso de apelación da familia que presentou unha escritura de 1941 do pazo e a Xustiza considera nula.

A sección terceira da Audiencia Provincial da Coruña declarou que a escritura de 1941 presentada pola familia onde figuraría a compra do pazo de Meirás e as leiras incluídas no recinto é unha «fantasía total».

Na sentenza feita pública este venres, os xuíces subliñan que esa escritura é «unha fantasía total» que se outorga ante notario «para crear unha ficción, plasmar un negocio xurídico non existente, pero logrando un título aparente que si se pode presentar ante o Rexistro da Propiedade».

Con todo, estima a alegación da familia en canto a que a proba practicada «acredita que a intención final do Xunta Prol Pazo do Caudillo foi doar as Torres de Meirás á persoa de Francisco Franco, non ao Xefe do Estado, nin ao Estado». Así, entende que foi «un agasallo persoal ao xeneral que estaba a gañar a guerra e cuxos favores pretendían granjearse os promotores».

Os maxistrados advirten que esa intención «nunca chegou a ser efectiva» xuridicamente pola forma en que se doou, xa que nunca se outorgou unha escritura pública. «A intención era doar á persoa, pero nunca se chegou a doar a ninguén», conclúen.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES