jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsComarcasO SERGAS cribará ás comarcas da Louriña e do Condado-Paradanta

O SERGAS cribará ás comarcas da Louriña e do Condado-Paradanta

Sanidade convoca a máis de 10.000 persoas asintomáticas das Neves, Mondariz, Mondariz Balneario e Porriño.

 

A veciñanza do Condado-Paradanta xa está acudindo ao Covid-Auto do Meixoeiro, mentres que a do Porriño será convocada no IFEVI. O obxectivo de Sanidade é identificar ao maior número de persoas asintomáticas.

En canto ao cribado que tivo lugar esta semana no IFEVI detectáronse tres casos positivos entre a poboación testada de Salvaterra de Miño e ningún caso na de Ponteareas.

Neste contexto, nestes días vaise realizar estes cribados, mediante a proba PCR, a 10.860 persoas dos concellos de As Neves (1.669), Mondariz (1.811), Mondariz Balneario (380) e Porriño (7.000). Así, esténdese esta actuación sanitaria nesas comarcas da Area viguesa, onde xa se invitara a participar a13.560 persoas dos concellos de Tomiño, Mos, A Cañiza, Salvaterra e Ponteareas.

De feito, as persoas seleccionadas dos Concellos de O Condando-Paradanta xa están  acudindo hoxe a realizarse a proba PCR no Covid-Auto do Meixoeiro, e o farán ata o próximo domingo. A poboación de Porriño se convocará no Instituto Ferial de Vigo (IFEVI) na tarde de mañá, venres, e o domingo día 7.

A Área Sanitaria de Vigo oferta participar neste cribado a unha porcentaxe da poboación no rango de idade entre 20 e 70 anos; que non teña realizada unha proba PCR no que vai de ano; e dispoña dun teléfono móbil rexistrado no sistema de avisos “Lembra”, que autoriza ás autoridades sanitarias a enviar notificacións a través de mensaxes SMS.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES