sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaA alcaldesa do Porriño pide un cribado masivo

A alcaldesa do Porriño pide un cribado masivo

Eva García de la Torre sostén a petición no aumento dos contaxios e na alta taxa de incidencia que presenta este concello.

 

A rexedora local enviou a solicitude por escrito á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, aproveitando que actualmente se están a realizar cribados similares en varios municipios da contorna.
Fontes municipais indican que, segundo a actualización deste martes do Sergas, Porriño ten 129 casos activos e unha taxa de incidencia de 610. Estes datos foron comunicados por Eva García aos membros da Comisión Municipal de Seguimento da COVID-19, que se reuniu por vía electrónica.
Mantéñense as medidas adoptadas polo Concello, incluída a suspensión temporal do mercado ambulante que hoxe xa non se celebraba. Sergio Casal, concelleiro de Mercados informou á Comisión de que falou cos representantes do grupo de vendedores ambulantes de que tamén poderán aproveitar a nova bolsa de axudas económicas directas que o Concello do Porriño acordou convocar e que especificarase en breve.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS