lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaUn porriñés dille ao xuíz que é da República Menda Lerenda

Un porriñés dille ao xuíz que é da República Menda Lerenda

Buscado por orden xudicial, nega a nacionalidade de España e asegura que é diplomático.

«Son diplomático e non poden determe», espetoulle J.D.R. a o axente da Policía Local de Porriño que o detivo o sábado nun control rutinario. O home foi interceptado na  avenida Domingo Bueno e comprobouse que  sobre él xa pesaba unha orde de detención dun xulgado de Vigo, máis alegou que era “diplomático” dun suposto mini estado que se chamaría “República Errante de Menda Lerenda”. De feito, aos axentes non lles mostrou DNI algún senón a documentación  da súa suposta condición. 
carnet menda lerendaIdentificación do veciño detido – SRDOs axentes levarono ao Cuartel da Garda Civil de forma voluntaria para a súa identificación, e foi alí onde se comprobou por medios electrónicos que é J.D. R, veciño do Porriño, de 44 anos. Tanto él como a súa parella estaban a ser buscados tamén pola Policía Autonómica debido a que, segundo información de Servizos Sociais, parece ser que teñen aos seus tres fillos sen escolarizar desde que en decembro pasado sacáronos do colexio ao que ían en Mos, alegando que se ían a vivir a Portugal.
Ao ser preguntado por esta circunstancia, J.D. R. alegou que non ten obrigación de escolarizalos, debido a que el non recoñece ao Estado Español e que os nenos teñen “ home school”, pois el e a súa parella encargaríanse da súa escola.
Foi levado, a continuación, ás dependencias da Policía Local do Porriño en condición de detido para a instrución de dilixencias. Cando se lle leron os seus dereitos, JDR solicitou aos axentes municipais que avisasen ao “cónsul” do seu país.
Trasladado ao xulgado de garda, o detido reiterou ante o xuíz que non recoñecía ao estado español e que él non é a persoa que a Policía Local di que é, facilitando o nome co que el se lle recoñecería na “República Errante Menda Lerenda”.

Outros casos

Este veciño de Porriño non é o único galego que di ser un Menda Lerendense, xa no mes de outubro a Garda Civil detivera a un veciño de Oza-Cesuras (A Coruña) como presunto autor de tres delitos contra a seguridade viaria, un de resistencia a axentes da autoridade e outro de falsidade en documento público, xa que se identificou cun pasaporte e un permiso de condución da «República Errante Menda Lerenda», da que aseguraba ser membro do corpo diplomático.O condutor fora interceptado nun control na autovía da Coruña (A-6) ao seu paso por Abegondo por non levar posto o cinto de seguridade e, cando detivo o vehículo para notificarlle a infracción, os axentes observaron que as placas de matrícula dificilmente poderíanse corresponder co modelo e ano do turismo. Naquela os axentes solicitáronlle a documentación pertinente para a súa identificación e mostroulles un pasaporte e un permiso de condución da República Errante Menda Lerenda; tras ser apercibido para que exhibise a súa identificación fidedigna, o condutor insultou aos axentes e deuse á fuga a gran velocidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS