sábado, diciembre 7, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboQuen é Harriet Tubman, a muller que sairá nos billetes de 20$

Quen é Harriet Tubman, a muller que sairá nos billetes de 20$

Unha muller podería ser a nova cara dos billetes de 20 dólares en Estados Unidos. Os billetes co rostro de Harriet Tubman deberían ter visto a luz en 2020, mais os plans foron retrasados pola administración Trump.

Agora, o novo presidente de EE.UU., Joe Biden, reviviu o proxecto e, segundo a Casa Blanca, están a explorar o xeito de «acelerar» o proceso.

Segundo informa a BBC, se este proceso se concretase Tubman sería a primeira afroestadounidense en aparecer nun billete de dólar e a primeira muller en máis de 100 anos.

En 2016, cando Barack Obama era presidente, o Departamento do Tesouro de EE.UU. anunciou que Tubman substituiría nos billetes de 20 ao séptimo presidente do país, Andrew Jackson, responsable de firmar e implementar a lei que forzou ás tribus indíxenas a abandonar as súas terras.

Porén, coa chegada de Trump ao poder retrasáronse os plans. O xa exmandatario calificou o proxecto de «pura corrección política» e en campaña chegou a dicir que o rostro de Tubman debía aparecer nos billetes de 2 dólares.

Tubman naceu en 1822 nunha plantación de esclavos en Maryland, estado fronteirizo entre o que tradicionalmente se considera o norte e o sur de EE.UU.

Aos 27 anos logrou fuxir a Pensilvania, un dos «estados libres» do norte do país. Porén, regresou en varias ocasións ao seu lugar de nacemento para rescatar aos seus familiares e a outros esclavos. Deste xeito foi converténdose nunha líder abolicionista antes da Guerra Civil en EE.UU., que rematou en 1865 co fin da esclavitude en todo o territorio nacional.

«Mirei as miñas mans para asegurarme de que aínda era a mesma persoa; agora era libre. Todo era glorioso. Sentín que estaba no ceo», foi unha das frases polas que é lembrada na historia.

Tubman é recoñecida especialmente por impulsar unha rede de rutas de escape clandestinas desde o sur aos «estados libres» do norte durante o século XIX.

Como consecuencia das palizas brutais ás que foi sometida na súa infancia, practicaronlle unha cirurxía cerebral para aliviar as dores de cabeza que experimentaba con regularidade.

Morreu aos 91 anos na cidade de Auburn, en Nova Iorque.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS