viernes, mayo 2, 2025
InicioNewsActualidadePlay-Doc 2025: pasado, presente e futuro do cine galego

Play-Doc 2025: pasado, presente e futuro do cine galego

O Festival Internacional de Cine de Tui, que terá lugar do 7 ao 11 de maio, volve a apostar con forza polo cine feito en Galicia. Un ano máis, Play-Doc consolídase como un espazo de referencia que reúne a distintas xeracións de cineastas, combinando o traballo de nomes recoñecidos con novas voces emerxentes.

Ademais de presentar as películas recentes que formarán parte da Competición Galicia, o festival adica tamén un espazo a proxectos en distintas fases de desenvolvemento, así como a recuperación de voces descoñecidas: pioneiros do cine galego que, como nesta ocasión, filmaron por afición e cuxa obra rara vez tivo lugar nos circuitos habituais de exhibición e estudo.

Competición Galicia

A Competición Galicia deste ano reúne unha cuidada selección de películas que dan conta da vitalidade e diversidade do cine galego contemporáneo. Dende retratos íntimos e familiares ata ensaios poéticos ou investigacións sobre a memoria colectiva, estas obras dialogan entre o personal e o político, o documental e o experimental. Unha sección que ofrece un mapa emocional e crítico do presente, a través de voces moi distintas pero profundamente conectadas co seu territorio e o seu tempo. Como cada ano, a competición acollerá estreos mundiais, estatais e galegos, e seguirá sendo un espazo clave para descubrir novas voces e acompañar traxectorias en evolución. Os títulos son:

  • Delincuente, de Nuria Vil y Alba Domínguez 
  • Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras 
  • Exposed, de Nela Fragas 
  • Maroun regresa a Beirut, de Feyrouz Serhal
  • Nayan, de Carla Andrade
  • O costume do traballo, de Luis Morla 
  • O silencio herdado, de Lucía Dapena González 
  • Patios de luz, de Fran Rodríguez Casal
  • Pura, de Carmen Méndez
  • Quieres salir puedes entrar, de Pablo Villalobos Leal
  • Sepáraste moito, de Paula Veleiro
  • Un dragón de cien cabezas, de Helena Girón y Samuel Delgado 

O xurado encargado de outorgar os premios estará composto pola produtora Silvia Fuentes, o director, produtor e deseñador gráfico Michael Wahrmann e a artista visual, cineasta e codirectora de (S8) Ana Domínguez.

Sombras 02: Bernardino de Lamas

Sombras é un espazo creado dentro do festival por Pepe Coira, destacado guionista e produtor galego, co obxectivo de recuperar a memoria do cine máis próximo e, ao mesmo tempo, máis olvidado. Na súa segunda edición, a sección céntrase nunha figura practicamente descoñecida: Bernardino de Lamas.

Así, en Play-Doc presentaranse 22 das 90 bobinas conservadas pola Filmoteca de Galicia, que capturan con espontaneidade excursións, romerías e escenas do día a día. Rodadas os domingos, estas pezas buscan «deter o tempo» e conservar momentos de plenitude. Fronte ao cine comercial, o traballo deste periodista, montañista e galeguista ofrece unha verdade sinxela e poderosa: un arquivo vivo da Galicia dos anos 20 e 30.

Esta recuperación foi posible gracias a Manolo González, incansable impulsor do audiovisual galego, que nos últimos anos combinou a súa actividade no cine contemporáneo cunha labor de investigación centrada en figuras pioneiras como José Gil, Rey Soto e agora Bernardino de Lamas.

Esta sesión terá acompañamento de música en directo a cargo de profesores e estudantes do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui.

Cooming Soom: adianto de proxectos galegos en desenvolvemento

Nesta edición, Play-Doc tamén acolle unha presentación de tres proxectos galegos en distintas fases de desenvolvemento. Os seus responsables compartirán co público un pequeno avance destas pelícuas que pronto chegarán aos circuitos de exhibición.

Os títulos que se presentarán son: Kiro, un proxecto de María Yañez, sobre a gran diva pop da canción galega dos 70’s e os 80’s. Despois das ciudades o novo film ensaio do cineasta Xacio Baño e Notas entre silencios o que será o vindeiro documental Fon Cortizo, que versa sobre a escoita, sobre a música e a sordeira e conta cons músicos de Sumrrá e a coreógrafa Jone San Martín.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS