martes, abril 23, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaO Ministerio suspende a vacinación con AstraZéneca durante 15 días

O Ministerio suspende a vacinación con AstraZéneca durante 15 días

Un paciente que foi vacinado en España coa dose de AstraZéneca sofre unha trombose, segundo o Ministerio de Sanidade

Unha persoa que foi vacinada contra a COVID-19 co antídoto da farmacéutica AstraZéneca sofre unha trombose. Con todo, tratáse dun caso de entre case un millón de persoas ás que lle subministrou a dose, segundo explicou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, na conferencia de prensa posterior ao Consello Interterritorial de Saúde no que participan as Comunidades Autónomas e o propio Ministerio. Neste senso, Darias explicou que a decisión de parar a subministración do antídoto desta farmacéutica durante 15 días tomouse «por unanimidade».

A ministra, Carolina Darias, trasladou unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía:


 

Deste xeito, España suspende por 15 días a subministración das dose de AstraZéneca ata que a Axencia Europea do Medicamento investigue se os 30 casos de trombose que se deron en Europa teñen que ver, ou non, co antídoto da farmacéutica. A directora da Axencia Española do Medicamento, María Jesús Lamas Díaz, fala de que non está comprobado que exista unha relación de causalidade:

O paciente que sufriu unha trombose, e que foi vacinado coa dose de AstraZéneca presentou síntomas como dor de cabeza «inusual e invalidante», segundo explicou Lamas, «uns síntomas que non son normais para unha vacina». O paciente está recuperándose.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, quixo insistir nunha mensaxe de tranquilidade á cidadanía pois se trata dun caso en España entre 939.534 persoas que recibiron a dose de AstraZéneca. Fala Darias «dun principio de prudencia».

Galicia vacinará «con máis intensidade aos maiores de 80 anos»
 

Coa decisión de suspender cautelarmente a vacinación co antídoto de AstraZéneca, Galicia cinguirase a vacinar «con máis intensidade» ás persoas maiores de 80 anos. Así o vén de anunciar o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, logo da decisión do Consello Interterritorial de Saúde, no que participan as Comunidades Autónomas e o ministerio de Sanidade, de suspender polo menor durante 15 días a vacinación coa dose desta farmacéutica.

Así o dixo o presidente galego, Núñez Feijóo, quen tamén insiste nunha mensaxe de tranquilidade e fala do «sentido da prudencia». Non hai motivos para alarmarse «cos datos que temos ata agora»

 

A Xunta de Galicia agarda que se retome»máis cedo que tarde» a vacinación con estas dose e que se validen os antídotos de Novavax e o de Johnson & Johnson.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES