A Comunidade de Madrid detectou o primeiro caso da variante Ómicro do virus SARS-COV-2 de España este luns, un home de 51 anos, e está a estudar un segundo caso dunha pasaxeira procedente de Suráfrica dun voo vía Ámsterdam.

O segundo posible caso de Ómicron é o dunha pasaxeira procedente de Suráfrica vía Ámsterdam que presenta sintomatoloxía leve. Chegou a Baraxas nun voo distinto ao do primeiro confirmado infectado con esta nova variante.Trátase dunha muller que deu positivo nun test de antíxenos e tamén en PCR no aeroporto, que estaba vacinada con dúas doses e que presenta síntomas leves.

O conselleiro madrileño de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, confirmou  que o laboratorio do Hospital Gregorio Marañón está secuenciando a mostra da pasaxeira, pero avanzou que "pola clínica" e polo seu lugar de procedencia sospéitase que podería corresponder á nova variante. 

O primeiro caso de ómicron en España, que foi confirmado este luns, é o dun home que tamén estaba vacinado coas dúas doses de Pfizer contra o coronavirus, e que igualmente presenta síntomas leves.

Tanto este home -de 51 anos e que regresou o pasado domingo, 28 de novembro, de Suráfrica con escala en Ámsterdam- como a muller están en illamento baixo seguimento.

O resto de viaxeiros dos voos deu negativo na proba de antíxenos que lles realizaron no aeroporto pero váiselles facer un especial seguemento -estudar se están vacinados ou estar pendentes de se presentan síntomas- para detectar "canto antes" novos casos

¿E ti, es de Tweet?