sábado, junio 15, 2024
InicioNewsO PaísIniciaremos decembro con máis de 5.500 casos e 150 ingresos

Iniciaremos decembro con máis de 5.500 casos e 150 ingresos

Os casos activos seguen aumentando en Galicia, hai 5.422 persoas con coronavirus arestora. Tamén empeora a situación nos hospitais, con 155 persoas ingresadas infectadas de COVID-19.

En canto aos contaxios diarios, foron detectados 499 novos casos por probas diagnósticas.

Soben todas as áreas sanitarias:

Vigo: 1.466 (+94)

Ourense: 1.460 (+109)

A Coruña: 759 (+44)

Pontevedra: 527 (+71)

Lugo: 490 (+15)

Santiago: 444 (+18)

Ferrol: 276 (+15)

Pola súa parte, a presión hospitalaria tamén sobe e xa hai máis 155  hospitalizados, 27 (+1) en UCI e 128 (+14) en planta.

O Sergas notificou tres decesos por mor da covid-19, que alza a cifra a 2.670 falecementos desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES