sábado, abril 20, 2024
InicioActualidadePenínsula e mundoAstraZeneca entregará 40 millóns de doses da súa vacina contra a COVID

AstraZeneca entregará 40 millóns de doses da súa vacina contra a COVID

Son 9 millóns adicionais, neste primeiro trimestre, en comparación coa oferta da semana pasada.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, vén de anunciar que a farmacéutica AstraZeneca ten previsto entregar nove millóns de doses adicionais da súa vacina contra o coronavirus nas vindeiras semanas.
«Paso adiante nas vacinas. AstraZeneca entregará nove millóns de doses adicionais no primeiro trimestre (40 millóns en total) en comparación coa oferta da semana pasada e comezará as entregas unha semana antes do previsto», apuntou Von der Leyen en Twitter. «A empresa ademais ampliará a súa capacidade de fabricación en Europa», engadiu.
Con todo, a cifra total de 40 millóns de doses neste trimestre é apenas a metade do que esperaba recibir a UE da farmacéutica sueco-británica.
A Unión Europea reservou en agosto o acceso a 300 millóns de doses desta vacina de AstraZeneca e Oxford, a terceira en recibir a autorización para a súa comercialización, e a posibilidade de adquirir outros 100 millóns máis, pero a farmacéutica anunciara a pasada semana que só podería entregar un cuarto das doses prometidas para o primeiro trimestre por problemas de produción. As explicacións que a compañía deu dende entón non convenceu ao executivo comunitario, que esixiu se respecte o acordado, por exemplo, enviado vacinas desde as plantas que o laboratorio ten en Reino Unido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES