miércoles, noviembre 13, 2024
InicioNewsO PaísBaixan os casos activos en Galicia tras un mes de subas diarias

Baixan os casos activos en Galicia tras un mes de subas diarias

Logo dun mes de subidas diarias por primeira vez baixan os casos activos de COVID-19 en Galicia.

A parte mala é que soben os ingresos con  90 persoas máis hospitalizadas diagnosticadas de COVID-19. A positividade cae ao 6,8% polo efecto dos cribados masivos realizados. Con todo debemos coller estes datos con prudencia porque son da fin de semana. O número de casos positivos redúcese con respecto a xornada anterior por primera vez nun mes. Hai en Galicia detectados 22.420 contaxiados de COVID-19, son 188 menos que o día anterior. Detectáronse 963 casos nunha única xornada por primeira vez despois dun mes con máis de 1.000 novos positivos cada día.

A área sanitaria da Coruña baixa dos 6.000 casos activos, a área de  santiago rexistra menos de 3.400, a área sanitaria de Ourense está en 2.900 infectados, a área sanitaria de Pontevedra contaibiliza  2.500  casos, a área sanitaria de Lugo acumula 2.100 casos activos e a área sanitaria de Ferrol sitúase moi pretiño dos 1.800 positivos.

O que preocupa e moito son as hospitalizacións que non deixan de medrar case 1.500 persoas ingresadas infectados de COVID-19. Concretamente hai nos hospitais 1.452 persoas; son 1.210 en planta (80 máis nun único día) e 242 persoas en UCI. Son case 250 persoas que requiren coidados intensivos pola súa gravidade debido ó coronavirus; un aumento de dez persoas máis en UCInun único. Tamén sobe o número de víctimas da pandemia 1.775 galegos e galegas morreron dende o inicio da pandemia; 14 falecidos notificados na última xornada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS