viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísNivel máximo de restricións: novos aforamentos e certificados COVID

Nivel máximo de restricións: novos aforamentos e certificados COVID

Sete concellos galegos estarán no nivel máximo de restricións a partir do sábado 24 de xullo: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove.

O nivel máximo de restricións volve á comunidade con novos aforamentos e con certificados sanitarios. «A situación epidemiolóxica de Galicia empeorou segundo os últimos datos da COVID-19 na comunidade»,  sentenciou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na conferencia de prensa na que deu conta das decisións da xuntanza do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia. É por isto, segundo dixo, que cómpre tomar medidas para evitar dar pasos cara atrás e evitar, tamén, o peche de sectores económcios importantes como é o caso da hostalería.

Deste xeito, o nivel máximo de restricións volve a partir do sábado 24 de xullo pero, desta vez, si se permitirá o consumo no interior da hostalería e da restauración, sempre e cando a clientela presente un certificado COVID-19 para acceder aos locais. Admitirase como certificados sanitarios unha proba negativa en coronavirus, realizada nas últimas 72 horas; un certificado de vacinación coa pauta completa ou a acreditación de ter pasado a infección, quedando exentos de calquera delas os menores de 12 anos. Estas esixencias será para os usuarios e as usuarias que desexen acceder ao interior dos locais non así para as terrazas, ao igual que nos municipios que se atopen no nivel alto de limitacións.

Como novidade, os aforamentos do nivel máximo de restricións quedan repartidos co 30% no interior dos locais da hostalería e da restauración e á metade da capacidade nas terrazas. Non se pecharán de xeito perimetral os concellos que se sitúen con estas limitacións.

Rexerá o nivel máximo de restricións en catro concellso da provincia de Pontevedra, Cambados, Sanxenxo, Meaño e o Grove, en dous da provincia da Coruña, A Pobra do Caramiñal e Boiro e, por último, nun da de Ourense, O Barco de Valdeorras.

Cómpre salientar que o ocio nocturno só está permitido nas localidades nas que rexen as medidas do nivel medio ou medio-baixo polo que ete sector deberá pechar nos sete concellos ao inicio da fin de semana.

En canto á limitación das xuntanzas entre persoas non conviventes,o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,  destacou a solicitude ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da autorización para esixir o control nas reunións, de xeito que se permitirán as de non conviventes de máximo 6 persoas en interiores e 10 en exteriores, ou ben de dous grupos de convivencia.

Núñez Feijóo aseverou que “queremos evitar as reunións multitudinarias sen garantías que están tras un gran número de contaxios”, precisando que as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre a unha e as seis da mañá no nivel máximo e alto e entre as tres e as seis para os niveis medio e medio-baixo.

Ao longo da rolda de prensa, o titular da Xunta recordou que as medidas que limitan dereitos fundamentais deben ser trasladadas para a súa ratificación ao TSXG, “polo que haberá que esperar a coñecer o seu posicionamento para que entren en vigor”, matizou, se ben subliñou que si entrarán en vigor o próximo sábado o resto das medidas relativas a aforos nos establecementos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES