O PSOE de Ourense consegue o apoio unánime do pleno municipal para impulsa unha nova liña de alta velocidade que conecte a cidade con Vigo por Modariz.

O obxectivo, defenderon os socialistas, "é que dunha forma directa e eficiente, a liña una as dúas cidaddes e sexa plenamente competitiva ante o coche ou o autobús".

A este respecto, o voceiro municipal, Rafa Villarino, propuxo instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a levar a cabo un estudo informativo para a execución dunha liña ferroviaria que aproveite o tramo coñecido como ‘saída sur de Vigo’, unha solicitude que o socialista tachou de “necesaria pero non suficiente”, ao tempo que apelou ao “consenso” do plenario ante unha cuestión que “redundaría no beneficio de Ourense e de Vigo”.

“Estámonos a facer eco da iniciativa dunha plataforma cidadá que defende a necesidade dunha liña de tren directa entre Ourense e Vigo por Mondariz, como alternativa á variante de Cercedo” sinalou Villarino. “O que non é asumible é que en decembro, coa chegada do AVE a Ourense, poidamos estar en Madrid en dúas horas e cuarto; e sen embargo tardemos a Vigo unha hora e media en tren, media hora máis ca en coche”, destacou o socialista.

“Teriamos mellores tempos que Cerdedo e sería máis económica ao aproveitar a saída sur de Vigo, actualmente en tramitación”, sinalan os socialistas na moción. Ademais, recordan que a cidade olívica e a súa área metropolitana son o “maior mercado potencial de Galicia” e, ademais, “mantén unhas relacións de mobilidade moi intensas coa provincia ourensá”, polo que “é obrigado unha boa conexión ferroviaria canto antes”.  

Nos informativos locais e comarcais falamos con Xosé Carlos Fernández, membro da plataforma e exeneñeiro:

 

 

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron