sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísUn tráiler queda suspendido no aire na N-6 sobre un noiro

Un tráiler queda suspendido no aire na N-6 sobre un noiro

Accidente de tráfico con dous camións e un turismo implicados obrigou a cortar a N-6 na saída de Pedrafita do Cebreiro, despois de que un dos vehículos, un trailer de grandes dimensións, se cruzase na estrada e quedase suspendido.

O suceso aconteceu, este venres pola mañá, no tramo da N-6 que sae de Pedrafita e que actualmente se ven obrigados a utilizar todos os vehículos que entran ou saen da Galiza por este punto, dado que a autovía A-6 está cortada polo derrubamento do viaduto do Castro.

O accidente ocorreu xusto sobre o núcleo do Castro, do municipio de Vega de Valcarce.
O 112 recibiu á primeira hora unha chamada de alerta na cal se informaba da colisión e de que un dos trailers implicados ficou cruzado sobre a calzada e semisuspendido nun noiro.

Os efectivos do 112-Galicia derivaron entón a chamada aos de emerxencias de Castela e León, dado que se trata do seu ámbito de competencia.
Ao lugar mobilizáronse efectivos da Garda Civil, para cortar e sinalizar a estrada, e persoal sanitario, que atendeu dous feridos leves.

No lugar despregouse tamén un importante operativo para retirar o trailer, así como para reordenar o tráfico.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, a circulación en sentido Madrid ficou cortada por este punto e estase desviando aos vehículos pola estrada antiga.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES