jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísPrevenda das entradas de Guns N'Roses en Vigo, este mércores

Prevenda das entradas de Guns N’Roses en Vigo, este mércores

Tocarán en Balaídos o 12 de xuño e as entradas en prevenda sairán este mércores 29 de marzo. A venda xeral será o 30 de marzo. Irán dos 62,5 aos 136 euros.

O concerto máis agardado desta primavera en Vigo: Guns N’ Roses. A promotora, Live Nation, deu coñecer o calendario para conseguir os tickets.

O mércores, a partir das 10:00 horas, ábrese a preventa, para a que hai que rexistrarse antes no sitio web www.livenation.es.

A venda xeral comezará un día despois, o xoves día 30, tamén ás 10:00. Nese caso, poderanse comprar na citada páxina web e tamén a través de Ticketmaster España e El Corte Inglés.

Na información do concerto tamén figuran os horarios. Para as 20:00 está previsto que empezo o artista invitado, que aínda non se deu a coñecer.

Ás 21:20 chegará a quenda de Axl Rose, Slash e as súas secuaces.

As máis baratas sairán á venda desde 62,5 euros e as máis caras chegarán ata os 136 euros, en ambos os casos cos gastos de xestión incluídos.

Son contías máis baixas que para o concerto que darán tres días antes no Metropolitano de Madrid, onde a pinza empeza nos mesmos 62,5 pero ascenden ata os 181,5 euros.

Á marxe están os distintos paquetes VIP, que no caso de Vigo arrincan en 198,5 euros e vanse ata os 1.156 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES