jueves, marzo 28, 2024
InicioO PaísPontevedraVilas con Vida: Vilagarcía de Arousa

Vilas con Vida: Vilagarcía de Arousa

Programa da Deputación de Pontevedra e Si Radio de Galicia

logo principal depo

 

 

Se hai un lugar fermoso no que vivir, mercar e medrar ese é Vilagarcía de Arousa. Unha cidade de máis de 38.000 habitantes con todos os servizos que as persoas poidan precisar. Conectada co océano Atlántico a través da fermosa e rica ría da Arousa e inmersa na comarca do Salnés, terra dos mellores viños, Vilagarcía de Arousa abríu as súas portas ao noso programa Vilas con Vida. Dende a praza Ravella coñecemos a última obra que fará desta cidade un lugar máis amable para vivir. A recén inaugurada rúa Arcebispo Lago preséntase á cidadanía con fontes para gozar da auga, ampla zona para camiñar pero tamén para conversar e un espazo tranquilo no que “atopar calma”, así o explica a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Xuntos reflexionaron sobre a importancia de ofrecer unha contorna agradable, libre de riscos, segura e que propicie o encontro, as pausas e tamén o recreo de deterse ante os escaparates e coñecer a oferta do comercio local.

Á conversa incorpórase a concelleira de Urbanismo, Paola María Mochales, e o ciclista Gustavo Veloso para falarnos dos desprazamentos en bicicleta “recuperando así os bos hábitos de hai décadas nas que as nenas e os nenos tiñan máis autonomía desprazándose aos centros educativos ou na contorna do seu barrio sen o acompañamento permanente dun adulto”, salienta a edil de Urbanismo.

Tamén escoitaremos a Rocío Louzán, presidenta de Zona Aberta, para reflexionar sobre o pequeno comercio local e de como nos adaptamos ás novas tecnoloxías para manter as vendas ao longo de todo o ano.

A importancia do turismo e da mellor gastronomía tamén terán os seus minutos de protagonismo no noso programa e co chef Xoanqui Ameixeiras daremos algúns trucos para facer da nosa cesta da compra todo un acerto.

Preman o play e acompáñennos, agardámolos!!!

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES