jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísOs test combinados de gripe e COVID, xa á venda nas farmacias

Os test combinados de gripe e COVID, xa á venda nas farmacias

Valen 2,94 euros e xa se poden mercar nalgunhas farmacias de Galicia para saber se o que temos é gripe, Covid ou ningunha das dúas doenzas.

Test que funcionan como os de antíxenos e xa están á venda só nalgunhas boticas.

A escasa incidencia da covid na actualidade sumado a que a temporada de gripe aínda non comezou, fai que a demanda sexa baixa aínda.

En función de como avance a situación epidemiolóxica, realizar esta proba pode ser útil para saber que precaucións hai que tomar en caso de dar positivo nunha ou noutra infección.

A realización do test é igual de sinxela que as probas de antíxenos que a práctica totalidade da poboación tivo que realizar nalgún momento da pandemia de coronavirus, pero cunha dobre utilidade, mesmo tripla, porque estes tests diferencian entre a gripe A e B.

Haberá que esperar ao tempo propio da gripe, xa máis entrado outubro, porque algúns epidemiólogos cren que este ano, tras o levantamento das restricións, podería ter maior incidencia que os pasados, e a semellanza dos síntomas pode levar a confusión.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES