A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, asegurou que a Xunta contactará con todos eles "un a un" para ofrecerlles unha vez máis a vacina, ao ser ese total, 160.000 os galegos e galegas sen ningunha dose.

 A directora xeral de Saúde Pública:

O Sergas da por pechada a vacinación masiva por grupos de idade en grandes recintos como o IFEVI en Vigo ou a Cidade da Cultura en Santiago.

Con todo seguirá na procura da poboación diana aínda sen vacinar.

Os grandes recintos poderanse volver habilitar cando se autorice a vacinación dos menores de 12 anos.

"É necesario que todos nos vacinemos, por un dobre exercicio de responsabilidade, individual e colectiva, e imos ofertar todas as facilidades posibles para chegar ao máximo número de persoas", asegurou en Santiago a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

¿E ti, es de Tweet?