O número de persoas desempregadas en Galicia baixou en 3.603 persoas en xaneiro, o que supón unha baixada dun 1,9%, fronte ao incremento do conxunto estatal do 1,8%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

O total de desempregados na comunidade galega sitúase en 185.984, que son 18.229 máis que ao comezo de 2020, o que supón un incremento interanual do 10,87%.

No conxunto do Estado, o desemprego subiu en 76.216 persoas en xaneiro (+1,8%), o seu menor alza neste mes desde o ano 2018, cando se incrementou en 63.747 persoas.

 

¿E ti, es de Tweet?