jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísMiguel Corgos toma posesión como conselleiro de Facenda

Miguel Corgos toma posesión como conselleiro de Facenda

Miguel Corgos xa é o novo conselleiro de Facenda da Xunta tras tomar posesión esta mañá. Sustitúe ao falecido Valeriano Martínez, co que traballou 7 anos aínda que leva na Dirección Xeral de Orzamentos desde o 2009.

O novo responsable de Facenda en Galicia é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Ademais, ten un mestrado en Administración Financeira e Tributaria e un posgrao en Auditoría de Contas.

A súa elección representa unha aposta pola continuidade e polo perfil técnico. Foi director xeral de Orzamentos desde o primeiro Goberno de Alberto Núñez Feijóo. Esa experiencia é un dos seus mellores avais.

Corgos tomou posesión do seu cargo de conselleiro de Facenda o día en que a Xunta ten previsto aprobar o proxecto de orzamentos para o ano que vén, unhas contas en que el asumiu un papel crucial. Nas súas primeiras declaracións, quixo facer unha lembranza a Valeriano Martínez, co que traballou os últimos sete anos. O novo conselleiro agradeceulle a Feijóo a confianza que depositou nel, ao seu equipo técnico e a súa familia.

Entre as liñas técnicas que vai adoptar como conselleiro destacou que vai apoiar as consellerías que melloren o progreso da comunidade e garantirá a sustentabilidade financeira de Galicia. Destacou que hai retos moi interesantes e transcendentais, como a negociación do sistema de financiamento e dos programas operativos plurianuais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES