viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia suma 25 pacientes en planta por mor da COVID nun día

Galicia suma 25 pacientes en planta por mor da COVID nun día

A comunidade conta, arestora, con 12.889 casos activos en COVID-19 , isto é, 852 máis ca onte.

As sete áreas sanitarias de Galicia aumentan no número de casos activos con respecto á anterior xornada. A que máis o fai é a de Vigo que suma 202 en 24 horas. Todas superan os 2.000 positivos agás a de Sanitago, Lugo e Ferrol.

Vigo: 2.909 (+202)

Pontevedra: 2.258 (+157)

A Coruña: 2.214 (+120)

Ourense: 2.181 (+95)

Santiago: 1.580 (+125)

Lugo: 1.241 (+102)

Ferrol: 506 (+51)

En canto á presión hospitalaria, Galicia suma nun día 25 persoas que precisan de hospitalización por mor da COVID-19 ata acadar as 153 en camas convencioanais. Con todo, mantense estable o número de persoas que precisan das UCI a causa do virus en 21.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES