viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia reabrirá os vacinódromos o 19 de novembro

Galicia reabrirá os vacinódromos o 19 de novembro

O venres19 de novembro, os grandes centros de vacinación de Galicia, «vacinódromos», segundo Feijóo, volverán activarse para avanzar o máis rápido posible nas doses de reforzo para a poboación de 70 a 79 anos e para os vacinados con Janssen.

Alberto Núñez Feijóo:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciouno este xoves tras o Consello de Xunta.

Para avanzar na inmunidade, o próximo 16 de novembro arrincará a vacinación cunha dose de reforzo a aqueles galegos que recibiron Janssen, uns 122.700. Será primeiro á poboación dos cárceres e o día 19 arrincará entre a poboación xeral nos vacinódromos

Alí acudirán tamén os maiores de 70 a 79 anos. Retómanse as vacinacións masivas nos centros que se habilitaron para inocular terceiras doses, que nestes momentos están a administrarse á poboación maior de 80 anos. A previsión é terminar a vacinación desta franxa etaria o 23 de novembro. É dicir, durante uns días convivirán vacinacións de maiores de 80, maiores de 70 e poboación inmunizada con Janssen.

Feijóo tamén dixo que hai un 6 % de galegos que están aínda sen vacinar.

 Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación diana con dobre dose (93,3 %) e a segunda en taxa de persoas con polo menos unha dose (94,2 %). A eficacia da vacina queda demostrada nos ingresos hospitalarios, que se manteñen baixos (Galicia ten a menor presión asistencial de España) e nunha cifra que adiantou o presidente da Xunta: un de cada catro ingresos en Galicia son de persoas que non se han inmunizado contra o covid-19.

Os expertos falan dunha hipotética sexta onda que será a das persoas non vacinadas.

O subcomité clínico reúnese este venres para ampliar o uso do certificado covid

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES