jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísGalicia promociona en Fitur a súa "enogastronomía"

Galicia promociona en Fitur a súa «enogastronomía»

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salienta a aposta de Galicia por un turismo sostible da man da enogastronomía co obxectivo de consolidarse como destino de referencia na década xacobea.

O mandatario galego asegurouno na súa visita á feira internacional de turismo Fitur, onde interveu na presentación da campaña Galicia, unha viaxe enogastronómica e sustentable e no acto do décimo aniversario do Clúster Turismo de Galicia.
O presidente da Xunta destacou os datos positivos do turismo en Galicia nos últimos anos malia a pandemia e a crise económica mundial.

Enorgulleceuse dun Xacobeo histórico que pechou cun récord de 438.000 peregrinos procedentes de 180 países e cun volume de viaxeiros ata o de agora nunca alcanzado, con 6,3 millóns de persoas que visitaron a Comunidade no 2022. 

Rueda aludiu  á campaña Camiña a Galicia que, da man de Xoel López e da súa música, quedará no recordo como unha das de maior impacto na promoción de Galicia.

O presidente da Xunta recordou que se presentan outras oportunidades únicas para regresar a Galicia nesta década xacobea na que volverán a ser santos os anos 2027 e 2032, polo que augurou cifras aínda máis optimistas porque, recordou, “Galicia está de moda”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES