sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísGalicia adianta aos 45 anos as probas de cancro de mama

Galicia adianta aos 45 anos as probas de cancro de mama

Máis prevención para detección precoz de cancro de mama en Galicia. Unha das apostas da Xunta para este 2023 polo que fará cribado ao dobre de mulleres; 200.000.

 
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que Galicia ampliará un 50% o número de cribados de cancro de mama, o que suporá que se beneficien deste programa 200.000 mulleres máis das que o estaban a facer na actualidade. Para iso, vaise rebaixar a idade mínima destas probas diagnósticas, que pasará dos 50 aos 45 e ampliarase na idade máxima, que subirá dos 69 aos 74.

O presidente do Goberno galego fixo estes anuncios nas resposta ás preguntas do pleno do Parlamento de Galicia.

“É unha necesidade para moitas mulleres”, argumentou o mandatario galego con respecto a esta medida, da que deu conta nas respostas do pleno do Parlamento galego, onde lembrou que o programa de prevención do cancro de mama foi pioneiro en Galicia e, posteriormente, estendeuse a outras comunidades.

“Se Galicia se caracteriza por algo é pola súa saúde preventiva que evita moitos males maiores”, enxalzou Rueda.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES