A Xunta retrasará das 23.00 horas á medianoite o toque de queda só un día, este sábado, 8 de maio, para que os restaurantes galegos poidan dar ceas, de maneira que ao finalizar o toque de queda ás 00.00 horas do domingo non teñamos que marchar ata a 1 da madrugada.

O presidente da Xunta:

Aínda que o estado de alarma remate ás 00:00 horas da noite do sábado ao domingo, a Xunta anunciou a súa intención de que xa este sábado os novos horarios hostaleiros entren en vigor, de maneira que os restaurantes xa poidan pechar a unha da madrugada.

Con todo depende da redacción do decreto e o visto e prace legal por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pero, salvo sorpresas, a intención é que as ceas xa se prolonguen até a 1 da madrugada durante esa xornada.

¿E ti, es de Tweet?