O único ferido leve foi o conductor. Un desprendemento sobre a vía da ruta Ourense-Santiago motiva que a locomotora envorcase.

O tren era de mercadorías non perigosas pero ademais circulaba baleiro.

O sinistro tivo lugar ás 9.15 horas deste martes.

O tren descarrilou tras atoparse cun derrubamento sobre a vía e colisionou co piar dunha ponte que circula por enriba da vía.

A locomotora e varios vagóns quedaron envorcados lateralmente.

O maquinista saiu coa axuda dos bombeiros de Silleda pero non foi precisa a excarcelación.

O accidente ferroviario produciuse á altura do quilómetro 7 da PO-902.

O maquinista sufriu un golpe na cabeza a consecuencia do accidente pero no hospital fixéronlle probas e a ferida non reviste gravidade.

No operativo de emerxencias participou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os bombeiros de Silleda, o GES de Lalín, a Policía Local e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín e o persoal de Emerxencias de Adif.

¿E ti, es de Tweet?