Primeiras palabras moi emotivas do presidente da Xunta no Debate do Estado de Autonomía, este mércores no Hórreo, en agradecemento a Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda falecido a semana pasada de xeito repentino: "Adicou toda a súa vida profesional a Galicia".

O presidente da Xunta lembra a Valeriano Martínez:

Décimo debate do Estado de Autonomía para Núñez Feijóo.  O seu descurso, que arrancou cunha lembranza para Valeriano Martínez, céntrase na sanidade e a reactivación económica. Feijóo avanzou no seu Twitter que anunciará a aprobación dos orzamentos a próxima semana, con máis gasto social e menos impostos. E tamén abordará melloras na sanidade, nas residencias de maiores e na educación. Falará de medidas para manter o emprego e loitar contra a crise industrial e tamén explicará as propostas de Galicia para acceder aos fondos europeos.

Despois do discurso de Feijóo, a sesión retómase pola tarde coa intervención dos grupos. A líder do BNG falará dos efectos das políticas do PP e pedirá reforzar o autogoberno e os servizos públicos cun novo modelo de financiamento. Ana Pontón detallará as propostas do Bloque para abrir un novo tempo en Galicia, que despois presentarán nas propostas de resolución.

Despois será a quenda do secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero. Avanzou que se mostrarán como unha alternativa nítida ao Partido Popular e que tenderán a man para corrixir as carencias da Xunta, asegurou. Di que é tempo de marcar as pautas da recuperación en Galicia.

O de hoxe é o primeiro debate do estado de autonomía desta lexislatura, o ano pasado non houbo por causa da pandemia.

¿E ti, es de Tweet?