Detidas 20 persoas nunha operación internacional antidroga levada a cabo pola Udyco de Vigo e o Greco de Pontevedra, en colaboración coas forzas de seguridade portuguesas. Foron intervidos en alta mar 4.248 quilos de cocaína repartidos en 177 fardos transportados por un pesqueiro de Venezuela que viaxaba con destino Galicia.

É o resultado dunha investigación iniciadaen xuño de 2020, cando a Policía seguía a pista dun cidadán hispano-marroquí que dirixía unha organización criminal dedicada a introducir en Europa cocaína. Así, os axentes determinaron que o pesqueiro dos narcotransportistas navegaba cara a un determinado punto xeográfico do Atlántico.

As policías de España, Colombia, Estados Unidos, Francia e Venezuela prepararon un dispositivo conxunto polo que lograron descubrir como un barco pesqueiro dos que habitualmente traballan polo Caribe, remolcando unha embarcación de alta velocidade, estaba no punto de entrega da mercadoría ilegal.

A organización criminal tiña o seu punto forte en proporcionar seguridade á hora de realizar o intercambio,empregando  lanchas rápidas deste perfil para ser indetectables. A operación concluíu coa detención de oito persoas de nacionalidade venezolana e 177 fardos dos que se incautaron con 4.248 quilogramos de cocaína. Mentres, en Venezuela foron arrestadas outras doce persoas.

¿E ti, es de Tweet?