jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa a 500 os casos activos de COVID-19

Galicia baixa a 500 os casos activos de COVID-19

Medio milleiro de galegas e galegos teñen actualmente coronavirus. En total, hai 502 persoas infectadas no País neste inicio de semana.

Os contaxios diarios diminúen. Foron detectados 14 casos novos por probas diagnósticas, a metade que no día anterior.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 98 (-7)

A Coruña: 157 (+1)

Pontevedra: 30 (-8)

Santiago: 61 (-1)

Ourense: 77 (-10)

Lugo: 73 (-8)

Ferrol: 6 (+1)

Con respecto á ocupación hospitalaria, aumentan as persoas hospitalizadas en planta (+3). En total, hai dez persoas en coidados intensivos e 37 en planta.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES