sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísAsasinada presuntamente pola súa parella unha muller de 52 anos na Coruña

Asasinada presuntamente pola súa parella unha muller de 52 anos na Coruña

Unha muller de 52 anos morreu asasinada na Coruña presuntamente pola súa parella de 48 anos. Foi o fillo da víctima quen a atopou morta. El, en paradoiro descoñecido agora, tiña antecedentes por violencia machista en relacións anteriores pero non constaban denuncias da muller asasinada.

Aconteceu de madrugada a no barrio do Birloque. Varias patrullas da Policía Nacional e unha ambulancia desprazáronse ata o domicilio, pero os sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Foi un fillo da muller quen a atopou cando chegou ao domicilio. Eran sobre as 2:00 da madrugada. Chamou á policía para avisar de que acababa de atopar a súa nai sen vida nun cuarto da vivenda, situada na rúa Juan Darriba.

O fillo xa apuntou nese momento a parella dá súa nai como posible autor do crime, xa que días antes tiveran unha forte discusión.A parella levaba uns meses de relación.

A Policía Nacional busca como suposto autor a parella da muller, un home que tiña antecedentes por violencia de xénero contra outras dúas mulleres. É un home de 48 anos, quen permanece en paradoiro descoñecido.

A vítima, chamada Mónica Ramos, tiña unha panadería no mesmo barrio no que vivía.

Con esta morte, xa son 35 as mulleres que morreron asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano en España.

O teléfono para as vítimas de violencia contra a muller é o 016. É gratuíto e non deixa rastro na factura

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES