Galicia conta con 12.037 casos activos en COVID-19, isto é, 951 máis que na anterior xornada.

Segundo a última actualización de Sanidade, son 12.037 galegos e galegas os que arestora están a pasar a enfermidade da COVID-19 na comunidade. Son 951 máis ca onte. Todas áreas sanitarias aumentan no número de positivos, a que máis o fai é a de Pontevedra, que suma 222 nun día.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 2.707 (+217)

Pontevedra: 2.101 (+222)

A Coruña: 2.094 (+196)

Ourense: 2.086 (+72)

Santiago: 1.455 (+98)

Lugo: 1.139 (+116)

Ferrol: 455 (+30)

En canto á presión hospitalaria, aumenta o número de pacientes que precisan hospitalización por mor da COVID-19 pero mantense estable o número de persoas que permanecen nas UCI. En total, son 149 dos cales 21 están nos críticos.

A comunidade rexistra un falecemento vencellado ao virus. Trátase dunha muller de 76 anos que faleceu o venres na área de Santiago de Compostela. Dende que comezou a pandemia, 2.443 persoas perderon a vida en Galicia coa COVID-19.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron