jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísAcordo para esixir certificado na hostalería polo suba dos casos

Acordo para esixir certificado na hostalería polo suba dos casos

Ante o avance dos contaxios de coronavirus, con case 3.000 casos activos, a Xunta e os hostaleiros acordan que tamén se requira certificado COVID na hostalería diúrna e non só nos establecementos de ocio nocturno e nos hospitais. Nos restaurantes, sempre, e nos bares e cafeterías a partir das 21.00 horas.

 Alberto Núñez Feijóo:

O presidente da Xunta confía en que o TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) respalde a solicitude do goberno galego como tamén o fixo para as discotecas ou para os hospitais.

Galicia está preto dos 100 casos por 100.000 habitantes a 14 días. Este empeoramento leva a Xunta a tomar medidas como a restricción dos comensais nas mesas, un máximo de 8 en interior e de 15 en exterior.

Pedirán o certificado covid ou PCR negativa para acceder aos restaurantes durante todo o día.

Noutro tipo de locais, como bares ou cafeterías, esixirán ese certificado a partir das nove da noite. Esta decisión débese a que a partir dese horario, din, cambian os hábitos de consumo.

Polo momento non cambian horarios nin as ocupacións, aínda que hai unha redución no número de clientes que poderán sentar na mesma mesa. 

Estas medidas para poder implantarse deberán recibir o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e, en canto se reciba, entrará inmediatamente en vigor.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES