Basta con ter máis de 12 anos para poder vacinarse contra a COVID-19 en un dos setes campus universitarios de Galicia nos que se habilitaron puntos de vacinación sen cita previa. Tamén é posible recibir neles a segunda dose sempre que se estea en prazo.

A enfermeira, Fátima Dono:

Inicialmente pensados para os estudantes universitarios, estes puntos de vacinación ábrense agora a poboación en xeral. Unicamente se require acudir con DNI ou tarxeta sanitaria.

Estes puntos nos campus universitarios comenzaron onte e continúan hoxe martes. Entre os que xa se decantaron por eles para inmunizarse: universitarios que veñen a estudar a Galicia doutras comunidades, estranxeiros que residen en España ou persoas reticentes ata agora a vacinarse.  

¿E ti, es de Tweet?