Medio Rural apunta a "clara intencionalidade" posto que "se iniciou en tres focos diferentes".

 A Xunta de Galicia vén de declarar a situación 2 de emerxencia en Verín por mor dun incendio que se acega ás vivendas do núcleo do Polvorín. Segundo Medio Rural, existe unha "clara intencionalidade" porque "iniciouse en tres focos diferentes".

Agora mesmo, eses tres focos atopanse preto das vivendas nun contexto no que hai 40º de temperatura e cambios de vento polo que, insisten, "é claramente intencionado, buscando facer o maior dano posible ás persoas e bens". Efectivos atopanse arestora realizando labores para sofocar o incendio.

¿E ti, es de Tweet?