O viaduto do Castro, na A-6, tamén haberá que reconstruílo en sentido Madrid. A parte que quedara en pé non se pode conservar e haberá que volver construíla en ambos sentidos.

Inicialmente neste viaduto íanse cambiar os taboleiros, pero tamén se detectaron danos no piar central.

Con todo o Goberno di que este contratempo non cambia os plans de reabrir o viaduto  e aliviar o paso do tráfico por Pedrafita. Os condutores non opinan o mesmo.

A previsión do Goberno era reabrir o viaduto en verán e o delegado do Goberno, José Miñones, fala agora de "ao longo deste ano": "O obxectivo segue sendo o mesmo, que ao longo deste ano podamos recuperar o tráfico a través de ese viaduto sentido Madrid en dobre dirección como estabamos anteriormente ao colapso" dixo.

O Goberno galego e o de Castela e León solicitaron ao ministerio unha nova reunión para coñecer máis datos sobre a situación actual da que é unha das principais conexións de Galicia coa Meseta.

¿E ti, es de Tweet?