viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísA Área Sanitaria de Vigo supera os 3.000 casos activos

A Área Sanitaria de Vigo supera os 3.000 casos activos

Arstora son 13.963 os casos activos en COVID-19 na comunidade, isto é, 1074 máis ca onte.

Segundo a última actualización de Sanidade, aumentan, de novo, os casos activos na comunidade. Así, son 13.963 galegos e galegas os que arestora están a pasar a enfermidade da COVID-19. Isto quere dicir que Galicia suma máis dun milleiro de novos positivos nun día.

Todas as áreas santiarias de Galicia experimentan un ascenso no número de positivos, a que máis o fai é a de Vigo, que supera xa os 3.000 casos activos.

Vigo: 3.165 (+256)

Pontevedra: 2.485 (+227)

A Coruña: 2.371 (+157)

Ourense: 2.285 (+104)

Santiago: 1.721 (+141)

Lugo: 1.364 (+123)

Ferrol: 572 (+66)

Mentres, a presión hospitalaria non experimenta grandes cambios con respecto á anterior xornada pois mantense en 153 as persoas que permanecen en camas convencionais por mor do virus e aumenta nun paciente, ata os 22, os que necesitan das UCI.

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES