jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasVigoRedondela rende tributo ao seu choco

Redondela rende tributo ao seu choco

A vila dos viadutos celebra dende este venres 7 e ata o domingo día 16 de maio as primeiras Xornadas Gastronómicas do Choco.

Á feira, encebolado, braseado con escuma de queixo parmesano, recheo con cordeiro e cogomelos, acompañado doutros produtos do mar como lagostinos (en salpicón, á vinagreta ou con fabas), vieiras (en brocheta ou á galega), ameixas (ao coco-curry) ou pulpo; tamén en empanada, empanadilla, croqueta e mesmo hamburguesa ou bocadillo e sen que falte tampouco a especialidade tradicional, á súa tinta con arroz e/ou patacas. Estas son algunhas das múltiples maneiras nas que poderemos degustar estes días o afamado Choco de Redondela nun total de 11 establecementos hostaleiros do municipio, que servirán tamén a domicilio de xeito gratuito, grazas á colaboración do Concello.

Consulta aquí os menús dispoñibles

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES