martes, abril 16, 2024
InicioComarcasVigoOs hostaleiros de Redondela protestan contra os furanchos ilegais

Os hostaleiros de Redondela protestan contra os furanchos ilegais

A Asociaicón de hostaleiros Rías Baixas protestou esta semana diante do Concello de Redondela pola competencia desleal dos furanchos no municipio.

Hostaleiros e hostaleiras dicen estar xa fartos «da permisividade cos furanchos ilegais, que  non cumpren coas medidas de hixiene necesarias para conter futuros brotes en COVID-19», así o denuncia un dos empresarios do sector Armando Nieto nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia.

Nieto explica que o sector ten medo de que «por culpa de que algúns non cumpran coas medidas a hostalería termine pechada completamente de novo». Con todo, di que non é un problema que existe só en Redondela e, neste senso, a concello do municipio, vila na que se realizou a protesta esta semana, «puxéronse en contacto coa asociación e o están intentando».

Armando Nieto recoñece que a problemática non xurdiu agora mais agravouse coas dificultades que ten o sector da hostaleria no contexto da pandemia. Agora, di o da Asociación da Hostalería Rias Baixas, «hai que deixar traballar ás administracións».

Podes escoitar a conversa completa, aquí

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES