viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasVigoO cribado masivo do Ifevi detecta 24 positivos asintomáticos

O cribado masivo do Ifevi detecta 24 positivos asintomáticos

A participación no cribado masivo realizado no Ifevi en Vigo permitiu dar con 24  contaxiados de COVID 19 asintomáticos. A participación foi do 60%.

Participación baixa fronte a rexistrada en cribados feitos noutros puntos de Galicia . Das máis de 34.000 persoas convocadas a acudir ao recinto feiral de Vigo (Ifevi), de forma voluntaria, acudiron menos de 21.000 persoas. E delas só unha de cada 875 persoas asistentes deu positivo.

Os participantes, de entre  20  e  60 anos de idade sometéronse a un test de antíxenos . Unha proba nasal  coa que se obtén o resultado en 15 minutos. As persoas que dan positivo nel sométense a unha proba PCR que confirma  a infección de COVID-19.

A previsión inicial do Sergas era facer este cribado con  22.000 vigueses, pero ante a baixa participación dos primeiros días a cifra de convocados aumentouse ata máis de 34.000 persoas, entre os que estiveron ademais de vigueses, 2.400 veciños e veciñas de Salvaterra e 3.000 veciños e veciñas de Ponteareas.

Máis alá do cribado do Ifevi, o Sergas continúa a realizar PCR a veciños de distintos municipios da bisbarra para tratar de dar co maior número de asintomáticos e poder así conter, canto antes, os contaxios desta terceira vaga da pandemia. Na última xornada volveron ser máis de 1.000 os novos positivos en toda Galicia. Se ben ao ser maior o número de altas descenderon os casos activos a menso de 22.400 infectados.

Tamén na área sanitaria de Vigo, Sanidade está a realizar cribados en distintos colexios na procura de casos asintomáticos no ámbito educativo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES