A Policía local de Vigo detido a un home de 73 anos como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa, despois de que acoitelase á súa filla no trancurso dunha discusión. A filla é drogadicta e púxose violenta ao non darlle o seu pai os cartos que lle pediu.

A muller consome drogas e o pai tería actuado cun coitelo de cociña  en defensa propia.

Aconteceu na avenida de Beiramar pasadas as catro da tarde. Unha muller que estaba en pixama e bata, pedía auxilio sangrando abundantemente.

Os viandantes que se atopaban na zona alertaron os servizos de emerxencias. A muller foi axudada por cidadáns e unhas veciñas que coñecían a familia dirixiron a policía á vivenda.

Unha vez na vivenda, o pai  non opuxo resistencia e recoñeceu que acoitelara a súa filla.

O septuaxenario contou que a filla estaba drogada e fóra de si danando todo o mobiliario da casa.

O desencadeante da discusión foi que a moza lle pedira cartos para droga e como o home se negou púxose moi agresiva.

¿E ti, es de Tweet?