Ponteareas terá unha oficina contra a LGTBIfobia, a primeira da zona

Asesoramento, atención ás vítimas e repartición de material preventivo son os principais obxectivos da primeira oficina LGTBIQ+ que terá Ponteareas e a primeira da zona.

A primeira oficina LGTBIQ+ de Ponteareas, que se inaugurará o 28 de xuño coa presenza dos rexedores e rexedoras do Condado e da Paradanta, busca atender ás posibles víctimas de LGTBIfobia da zona. Amáis traballan co horizonte de que tamén sexan os encargados de realizar as probas de VIH rápidas. Unhas probas rápidas que non son invasivas, "e non se poden realizar en ningún sitio das comarcas", segundo explica o técnico en orientación sexual e igualdade, Xermán Cordeiro.

A oficina estará no auditorio de Ponteareas. Contará cun téccnico en orientación sexual e igualdade máis un psicólogo e permanecerá aberta en horario de mañá. Igualmente, haberá un teléfono de emerxencia. 

Esa oficina depende da asociación Trans Miño, que realizarán charlas nos centros escolares e levarán a cabo un estudo para determinar a porcentaxe de persoas que sufriron agresións pola súa condición sexual.

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron