O Comité Clínico vén de aumentar as restricións nos concellos de Soutomaior e de Fornelos de Montes: a hostalería reduce aforamentos.

A partir do venres 7 de maio, os hotaleiros e as hostaleiras de Ponteareas poderán atender ao 75% do aforamento nas terrazas e á metade da capacidade no interior, ao igual que a maioría dos municipios da comarca. Así, a vila do Corpus deixa atrás o nivel alto de restricións no que, pola contra, continúa Salceda de Caselas e Gondomar. Amáis, o Comité Clínico decidiu que Nigrán, Vigo, O Porriño e Tui deben seguir coas limitacións do nivel medio ao que soben Fornelos de Montes e Soutomaior.

Deste xeito, dende este venres, nos concellos de Soutomaior e de Fornelos de Montes rexerán as medidas do nivel medio. Isto implica que os aforamentos na hostalería redúcense ata á metade da capacidade no exterior e ao 30% do aforamento no interior dos locais. As mesmas restricións coas que continúaran Vigo, Tui, Nigrán e O Porriño.

En Salceda de Caselas e en Gondomar aínda non se poderá consumir no interior dos locais -si nas terrazas á metade da capacidade- pois o Comité vén de decidir que os dous municipios continúen no nivel alto de restricións, do que sae Ponteareas. A vila do Corpus terá os mesmos aforamentos na hostalería que a maioría das localidades das comarcas: 75% nas terrazas e ao 50% no interior.

A mobilidade continúa sendo plena en toda a comunidade agás nos concellos nos que rexen as medidas máximas, que son Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. Non se pode nin entrar nin saír destes municipios agás por causas xustificadas.

 

¿E ti, es de Tweet?

O que máis leeron

  • Semán

  • Mes

  • En xeral